Fisterra 1

Fisterra 1

martes, 5 de noviembre de 2013

AS CALDEIRAS DO CASTRO



Consisten en unha especie de piscinas naturais que forma o río Castro ao caer formando unha cascada de 8 m. e varios rápidos descendendo sobre unhas rochas escalonadas, con hoquedades circulares a maneira de caldeiros, "as caldeiras do Castro" en un paraxe natural rodeado de vexetación. O acceso está acondicionado cunha escalinata e unha barandilla de protección realizadas en madeira, o que permite o descenso dos 75 m. que hai hasta o río e as caldeiras. A poucos metros hai un área recreativa con barbacoas, mesas e bancos para realizar unha comida ao aire libre, ademáis dunha capilla de 1660 recentemente rehabilitada e un cruceiro.
Como chegar:
Desde a AC-552 cercano ao punto kilométrico 82 tomar o cruce a Coucieiro (está indicado). A 1,8 km en Trasufe carretera a esquerda (inmediatamente a 450 metros cruzaredes o río por unha pequena ponte). Seguimos de fronte ata a aldea de As Candas, total desde Trasufe 1,44 kilómetros. Despois dun almacen xiramos cási 180º a esquerda e seguimos ata a capilla. Estaremos xa na fervenza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario